Alfombristas italianos de Gerano 

O Concello de Ponteareas recibe hoxe aos Alfombristas italianos de Gerano


O concello de Ponteareas recibirá hoxe ás 19:00 horas aos Alfombristas da delegación de Gerano, unha vila da área metropolitana de Roma, coa que comparten longa tradición floral e o gusto pola arte efémero. No salón de plenos a Concelleira de Cultura e o Alcalde de Ponteareas daranlle a benvida a esta comitiva que confecionará unha alfombra na Praza Maior.

0 comentarios

Ojea colabora co Corpus de Ponteareas

A empresa de transportes Ojea colabora na difusión do Corpus de Ponteareas


Froito da colaboración entre a Concellería de Ensino e a Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas coa empresa de transportes Ojea, dende hai uns días os autobuses da ruta escolar promocionan e difunden as festas do Corpus de Ponteareas entre os escolares.

Para que os máis pequenos vaian sentindo o Corpus e garantir o relevo xeracional, os autobuses escolares contan con vídeos promocionais das alfombras florais e as actividades do Corpus. Tamén colocaron na mampara interior cartaces promocionais.

Vintecinco autobuses colaboran no transmitir do gusto pola arte floral, pero a colaboración vai máis alá das escolas e dos máis cativos, cuns cartaces situados nos cristais das traseiras dos autobuses a empresa Ojea aporta o seu gran de area na promoción desta Festa de Interese Turístico Internacional. Deste xeito, calquera pode atoparse polas estradas da área metropolitana de Vigo cartaces do Corpus de Ponteareas.

A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, quere agradecer a colaboración da empresa Ojea na transmisión do sentir da festa do Corpus de Ponteareas, “é fundamental que se garanta o relevo xeracional e ir fomentando entre os máis pequenos da vila a paixón pola conservación desta tradición que cumpre 160 anos”.

Pola súa banda, a Concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Fernández, valora positivamente a boa predisposición e apoio da empresa Ojea “que leva o nome das nosas alfombras polas estradas do sur da provincia de Pontevedra”.

0 comentarios

Ponteareas recupera as tradicionais carrozas dos veciños

Ponteareas recupera para o Corpus as tradicionais carrozas dos veciños


O programa das festas do Corpus de Ponteareas incorpora como novidade o desfile das carrozas feitas polos veciños. En concreto serán tres as que participarán dentro do programa das festas do Corpus de Ponteareas dende que se deixaron de facer nos anos setenta.

Cheas de cores e traballo artesá, as carrozas etnográficas recrean anaquiños da cultura popular e da historia de Ponteareas.

Con máis de trinta participantes, o Grupo de Baile do Centro Cultural de Xinzo, desfilará baixo o título “Corpus en Primavera” cunha carroza feita de materiais reciclados que alude ao remate da primavera e á entrada do verán.

Pola súa parte, Os Campechanos presentarán unha carroza realizada con materiais naturais e recrearán unha vendima nunha estructura propia dun maio. Na carroza “A vendima” participarán arredor de 45 persoas entre pequenos e maiores.

A terceira das carrozas feita polo veciños é a de Brincadeira que sorprenderá ao público con “Autos Brincadeiros”, unha carroza feita de madeira, tea, cartón, latas, tubos corrugados, pezas de autobús e un sinfín de materiais que atopan nesta carroza un segundo uso. Integrada por case corenta persoas o autobús de Autos Brincadeira parte dende Ponteareas á emigración a Francia e América. Maletas e fardos confúndense cos prantos da familia que queda atrás.

Para a Concellería de Cultura e Turismo que dirixe a nacionalista, Hortensia Bautista, é fudamental recuperar as tradicións dos nosos antergos e ter constancia da orixe da vila, “a colaboración cos veciños na recuperación da memoria da vila é enriquecedor e fructífera e agardamos que, ano tras ano, sexan máis os que se unen ao desfile das carrozas etnográficas”.

O desfile das carrozas será o domingo día 18 ás 19:00 horas polas rúas do centro urbano. Aínda que na programación contemplábase que comezara ás 18:00 horas, a Concellería de Cultura decidíu retrasalo pola climatoloxía.

0 comentarios

“A Marcha das Flores”

“A Marcha das Flores” acompañará á procesión do Corpus


A Banda de Música Xuvenil de Xinzo acompañará, por segundo ano consecutivo, á procesión do Corpus o vindeiro domingo dia 18 de xuño ao remate da misa solemne das 11:30 horas.

A composición “A Marcha das Flores” do ponteareán Rogelio Groba sonará ao comezo da procesión e en distintos momentos da procesión.

0 comentarios

Sete toneladas de folla e flor

Sete toneladas de folla e flor cubrirán as rúas de Ponteareas


Ás portas da celebración do Corpus Christi de Ponteareas, os servizos de limpeza preparan as rúas para que estean nas mellores condicións insistindo especialmente nas que conforman o percorrido das alfombras florais.

Máis de sete toneladas de folla e flor cubrirán as rúas do centro urbano, falsa árnica, tuia, carqueixa, casca de piñeiro, casca de arroz, hortensia, caravel, rosa desidratada, xesta, mimosa, coca de eucalipto e carballo e sementes de todo tipo, entre outros materiais naturais que son os que dan o arrecendo da noite de Corpus serán recollidos o luns pola empresa de limpeza FCC.

Servizos con Novidades

Este ano, o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, explica que a maioría dos restos vexetais trasladaranse á empresa Ecocelta para o seu tratamento. Un feito que supón un importante avance en canto á proteción medioambiental.

O operativo de limpeza especial Corpus intensifícase o sábado cun turno especial de limpeza que faga fincapé nas rúas dos tramos alfombrados, tamén se retirarán os contenedores que hai neste percorrido e se habilitará unha segunda cisterna de apoio para o valdeo das rúas.

Deste xeito, unha barredora, un camión de recollida de lixo de carga traseira, outro de carga lateral para evitar traballar de noite, dúas cisternas e o incremento de persoal de apoio para o equipo de barrido traballarán dende ben cedo o sábado pola mañá.

A empresa encargada do servizo da limpeza asegura que o luns día 19 traballarán dende as doce da mañá para garantir a limpeza total da vila o antes posible.

0 comentarios