Corpus Christi 2017


Ponteareas é recoñecida a nivel internacional pola elaboración das alfombras de flores coas que se conmemora a festa do Corpus Christi, unha tradición secular que mistura arte e devoción. Máis dun quilómetro de tapices de flores adobían o centro da vila e enchen as rúas de cor e de aroma, creando unha imaxe sobranceira e inesquecible. Durante as semanas previas xa podemos ser testemuña do traballo de todo un pobo por sacar adiante a festa e asistir ao proceso de desfollado nos portais. Un traballo paciente e laborioso realizado por homes e mulleres de todas as idades. Na tarde da véspera tamén podemos asistir ao proceso de traslación dos debuxos ao asfalto e pasear ata o albor vendo a minuciosidade do traballo de colocación das follas, pétalos e flores que irán dando vida ás alfombras; poderemos decatarnos de como o algareo de cores van dando forma aos tapices e, o domingo, asistir á solemne procesión.

Unha experiencia que ficará gravada na nosa memoria. 


Neste enlace podes descargar o folleto das actividades do Corpus Christi 2017

Descarga
Folleto actividades Corpus Christi 2017
folleto_Corpus-12px_2.pdf
Documento Adobe Acrobat 2.0 MB