Nieves Rodríguez será la pregonera

La presentadora de televisión Nieves Rodríguez será la pregonera el 26 de mayo


La pregonera de las fiestas del Corpus Christi 2018 de Ponteareas será la presentadora de televisión y actriz tudense Nieves Rodríguez. El alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, dio a conocer su nombre ayer en un acto celebrado en la biblioteca del Consello Galego da Cultura Galega, en Santiago. 

El pregón se leerá el próximo sábado, 26 de mayo, a las 21.00 horas en el auditorio municipal de Ponteareas. 

El alcalde explicó que Ponteareas se está preparando para recibir a los más de cincuenta mil visitantes previstos durante la fiesta y adelantó que la localidad contará con un punto de atención turística en la plaza de Bugallal, entre otras novedades.

0 comentarios

O Corpus e as súas alfombras xa circulan por Vigo

O Corpus e as súas alfombras xa circulan por Vigo

A Concelleira de Turismo e o Alcalde subíronse ao autobús urbano que porta a imaxe oficial das festas do Corpus


As festas do Corpus de Ponteareas locen dende onte en Vigo grazas á iniciativa do goberno de Ponteareas que puxo en marcha a campaña de promoción do Corpus na cidade olívica dentro da estratexia de marketing de difundir estas festas nas cidades e grandes núcleos de poboación como a realizada en Braga o pasado mes.

A concelleira de Turismo, Hortensia Bautista, e o Alcalde  Xosé Represas subíronse hoxe ao autobús urbano que portará durante todo o mes de maio a imaxe promocional das nosas alfombras.

Laterais e traseiras anuncian a todos os condutores e peóns que xa estamos ás portas destas festas de interese turístico internacional.

A imaxe do cartaz deste ano circula por Vigo chegando a todo tipo de público, dende maiores a cativos e cativas xa que a programación cultural do Corpus ofrece actividades para toda a familia.

A liña 15C que percorre dende o Cuvi, o Calvario, a rúa Jenaro de La Fuente, rúa Pontevedra e Paseo da Alfonso para pasar pola Gran Vía ata chegar a Samil e unha das liñas de máis longo percorrido facendo que a promoción do Corpus de Ponteareas acade unha maior difusión.

Dentro desta estratexia tamén se realizará unha exposición ao aire libre das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas recollendo a suxerencia aportada pola Asociación de Alfombristas. En colaboración con eles o vindeiro 19 maio na céntrica rúa Príncipe diante do Museo Marco exporánse arredor de trinta fotografías. O Alcalde de Ponteareas agradece a Vigo e ao seu Alcalde Abel Caballero a súa boa predisposición. 

Co obxectivo de colocar o nome de Ponteareas e o nome das tradicionais alfombras florais na axenda de todos os e as vigueses e veciños e veciñas da área metropolitana que por motivos laborais, sanitarios ou persoais se achegan á cidade, por vez primeira un autobús urbano apoiará as distintas accións de marketing que o goberno de Ponteareas deseñou para esta edición.

“Coincidindo coa tramitación da declaración de Ben de Interese Cultural Inmaterial dende o goberno apoiaremos a arte de tantos e tantas veciñas que estes días dedican todos os seus esforzos en prolongar esta tradición herdada dos seus antepasados”, explica o Alcalde.

0 comentarios

A concellería de Cultura presenta o deseño do cartaz do Corpus 2018

A concellería de Cultura presenta o deseño do cartaz do Corpus 2018

O ponteareán Iago Fernández autor do cartaz oficial do Corpus


O xurado do concurso de cartaces da festa do Corpus de Ponteareas valorou moi positivamente as dezaoito propostas recibidas aínda que finalmente o concurso quedou deserto ao non cumprir ningunha das propostas na súa totalidade as premisas recollidas nas bases.

O xurado composto pola concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, o restaurador Óscar Ledo, os deseñadores Pablo González e Óscar Manuel Gómez, a licenciada en Belas Artes, Aurora Quinteiro, o profesor de debuxo Xosé Alberte Álvarez e como secretaria sen voto a traballadora do departamento de cultura, Belén Giráldez decidiron por unanimidade que os tres carteis finalistas non cumprían no seu conxunto cos criterios estipulados nas bases do concurso, atendendo á temática e relación coa Festa do Corpus, á calidade técnica, ao impacto visual ou a criterios estéticos, polo que decidiron deixalo deserto pero indicando que dos tres, o presentado baixo o lema “Coloris Natura” do ponteareán Iago Fernández cumpre en maior medida os requisitos pero non a iconografía da imaxe que debe centrarse exclusivamente nos materiais propios do Corpus.

O autor aceptou as suxerencias dos membros do xurado e adaptou o cartaz para que fora de concurso se convertira no cartaz oficial do Corpus Christi de Ponteareas 2018. 

0 comentarios

Abanca renova o convenio de apoio á festa do Corpus

A entidade financieira Abanca renova o convenio de apoio á festa do Corpus de Ponteareas

Abanca ofrece financiación para a execución do programa de fondos europeos “Ponteareas, Hábitat Saudable”


 

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e os responsables de Abanca Luis Martin Blanco Conde, director de Zona Condado- Baixo Miño; Héctor Jose Pardillos Torres, director oficina Ponteareas- Bugallal e Óscar Riveiro camino, director da oficina Ponteareas-.Constitución, reuníronse hoxe para estudar novas colaboracións.

No encontro mostraron a súa disposición a renovar o convenio de colaboración polo que Abanca fará unha achega de 10.000 euros como contribución á celebración da festa do Corpus Christi.

Pola súa banda, o Concello de Ponteareas, incluirá en toda a documentación e soportes referidos á Festa do Corpus 2017, o anagrama da entidade bancaria como patrocinadores do evento. Este apoio enmárcanse dentro do acordo con Turismo de Galicia de respaldo ás festas declaradas Ben de Interese Turístico Internacional. 

O apoio de Abanca non é máis que o recoñecemento da importancia da Festa do Corpus Christi de Ponteareas e das súas alfombras florais, das que destacan  que “son as máis importantes de Galicia” ademais de converter a Ponteareas “nun referente internacional na arte de confección de alfombras florais” amais de subliñar, no propio texto do convenio asinado que a súa tradición en materia de confección de alfombras de flores “é unha das máis antigas do mundo”.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, salientaba a importancia do apoio “a unha celebración que segue viva en Ponteareas dende hai máis de 150 anos” e que reflicte, aseguraba o rexedor local, “o traballo solidario e colectivo de todo un pobo na procura dun obxectivo común”.

Fondos Europeos

No decurso da reunión, a entidade financieira amosou o seu interese polos proxectos da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” ofrecendo a posibilidade de respaldo económico e financieiro, se así o precisase o concello, para afrontar a execución dos mesmos.

O programa conta cun total de 6.250.000€, dos que 5.000.000€ son aportados pola Unión Europea, tendo o concello que aportar o 20%  restante.

0 comentarios

Alfombristas italianos de Gerano 

O Concello de Ponteareas recibe hoxe aos Alfombristas italianos de Gerano


O concello de Ponteareas recibirá hoxe ás 19:00 horas aos Alfombristas da delegación de Gerano, unha vila da área metropolitana de Roma, coa que comparten longa tradición floral e o gusto pola arte efémero. No salón de plenos a Concelleira de Cultura e o Alcalde de Ponteareas daranlle a benvida a esta comitiva que confecionará unha alfombra na Praza Maior.

0 comentarios

Ojea colabora co Corpus de Ponteareas

A empresa de transportes Ojea colabora na difusión do Corpus de Ponteareas


Froito da colaboración entre a Concellería de Ensino e a Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas coa empresa de transportes Ojea, dende hai uns días os autobuses da ruta escolar promocionan e difunden as festas do Corpus de Ponteareas entre os escolares.

Para que os máis pequenos vaian sentindo o Corpus e garantir o relevo xeracional, os autobuses escolares contan con vídeos promocionais das alfombras florais e as actividades do Corpus. Tamén colocaron na mampara interior cartaces promocionais.

Vintecinco autobuses colaboran no transmitir do gusto pola arte floral, pero a colaboración vai máis alá das escolas e dos máis cativos, cuns cartaces situados nos cristais das traseiras dos autobuses a empresa Ojea aporta o seu gran de area na promoción desta Festa de Interese Turístico Internacional. Deste xeito, calquera pode atoparse polas estradas da área metropolitana de Vigo cartaces do Corpus de Ponteareas.

A Concelleira de Ensino, Cristina Fernández, quere agradecer a colaboración da empresa Ojea na transmisión do sentir da festa do Corpus de Ponteareas, “é fundamental que se garanta o relevo xeracional e ir fomentando entre os máis pequenos da vila a paixón pola conservación desta tradición que cumpre 160 anos”.

Pola súa banda, a Concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Fernández, valora positivamente a boa predisposición e apoio da empresa Ojea “que leva o nome das nosas alfombras polas estradas do sur da provincia de Pontevedra”.

0 comentarios

Ponteareas recupera as tradicionais carrozas dos veciños

Ponteareas recupera para o Corpus as tradicionais carrozas dos veciños


O programa das festas do Corpus de Ponteareas incorpora como novidade o desfile das carrozas feitas polos veciños. En concreto serán tres as que participarán dentro do programa das festas do Corpus de Ponteareas dende que se deixaron de facer nos anos setenta.

Cheas de cores e traballo artesá, as carrozas etnográficas recrean anaquiños da cultura popular e da historia de Ponteareas.

Con máis de trinta participantes, o Grupo de Baile do Centro Cultural de Xinzo, desfilará baixo o título “Corpus en Primavera” cunha carroza feita de materiais reciclados que alude ao remate da primavera e á entrada do verán.

Pola súa parte, Os Campechanos presentarán unha carroza realizada con materiais naturais e recrearán unha vendima nunha estructura propia dun maio. Na carroza “A vendima” participarán arredor de 45 persoas entre pequenos e maiores.

A terceira das carrozas feita polo veciños é a de Brincadeira que sorprenderá ao público con “Autos Brincadeiros”, unha carroza feita de madeira, tea, cartón, latas, tubos corrugados, pezas de autobús e un sinfín de materiais que atopan nesta carroza un segundo uso. Integrada por case corenta persoas o autobús de Autos Brincadeira parte dende Ponteareas á emigración a Francia e América. Maletas e fardos confúndense cos prantos da familia que queda atrás.

Para a Concellería de Cultura e Turismo que dirixe a nacionalista, Hortensia Bautista, é fudamental recuperar as tradicións dos nosos antergos e ter constancia da orixe da vila, “a colaboración cos veciños na recuperación da memoria da vila é enriquecedor e fructífera e agardamos que, ano tras ano, sexan máis os que se unen ao desfile das carrozas etnográficas”.

O desfile das carrozas será o domingo día 18 ás 19:00 horas polas rúas do centro urbano. Aínda que na programación contemplábase que comezara ás 18:00 horas, a Concellería de Cultura decidíu retrasalo pola climatoloxía.

0 comentarios

“A Marcha das Flores”

“A Marcha das Flores” acompañará á procesión do Corpus


A Banda de Música Xuvenil de Xinzo acompañará, por segundo ano consecutivo, á procesión do Corpus o vindeiro domingo dia 18 de xuño ao remate da misa solemne das 11:30 horas.

A composición “A Marcha das Flores” do ponteareán Rogelio Groba sonará ao comezo da procesión e en distintos momentos da procesión.

0 comentarios

Sete toneladas de folla e flor

Sete toneladas de folla e flor cubrirán as rúas de Ponteareas


Ás portas da celebración do Corpus Christi de Ponteareas, os servizos de limpeza preparan as rúas para que estean nas mellores condicións insistindo especialmente nas que conforman o percorrido das alfombras florais.

Máis de sete toneladas de folla e flor cubrirán as rúas do centro urbano, falsa árnica, tuia, carqueixa, casca de piñeiro, casca de arroz, hortensia, caravel, rosa desidratada, xesta, mimosa, coca de eucalipto e carballo e sementes de todo tipo, entre outros materiais naturais que son os que dan o arrecendo da noite de Corpus serán recollidos o luns pola empresa de limpeza FCC.

Servizos con Novidades

Este ano, o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, explica que a maioría dos restos vexetais trasladaranse á empresa Ecocelta para o seu tratamento. Un feito que supón un importante avance en canto á proteción medioambiental.

O operativo de limpeza especial Corpus intensifícase o sábado cun turno especial de limpeza que faga fincapé nas rúas dos tramos alfombrados, tamén se retirarán os contenedores que hai neste percorrido e se habilitará unha segunda cisterna de apoio para o valdeo das rúas.

Deste xeito, unha barredora, un camión de recollida de lixo de carga traseira, outro de carga lateral para evitar traballar de noite, dúas cisternas e o incremento de persoal de apoio para o equipo de barrido traballarán dende ben cedo o sábado pola mañá.

A empresa encargada do servizo da limpeza asegura que o luns día 19 traballarán dende as doce da mañá para garantir a limpeza total da vila o antes posible.

0 comentarios

Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense

Ponteareas alfombra o Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense


O Concello de Ponteareas presentou Fonte no Centro Cultural Marcos Valcárcel, dependente da Deputación de Ourense, o Corpus Christi confecionando unha alfombra floral na entrada principal.

No centro cultural lucía espectacular o rosetón floral que arrecendía a rosa desidratada, árnica, flor de carqueixa, vinagrera, cravel ou hortensia, entre outras flores e materiais naturais empregados.

Abríu e pechou o acto a responsable da área de Cultura da Deputación, Manuel Doval, valorando o esforzo dos alfombristas, a capacidade de transmisión de xeración en xeración e a propia confeción artesá. Doval convidou aos presentes a asistir a esta festa de tan longa tradición e brindou todo o seu apoio ao Concello de Ponteareas na súa consecución da declaración BIC.

Pola súa banda o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, que ía acompañado da Concellería de Ensino, Cristina Fernández, salientou a importante labor que se está a facer na difusión e promoción do Corpus e fixo fincapé no factor humano e sensorial do Corpus que segue a medrar ano tras ano.

O Alcalde quixo convidar a un dos alfombristas presentes a describir a técnica e os materiais empregados nesta obra de arte que dende hoxe reloce no hall da Deputación de Ourense.

O concello de Ponteareas presentou o Corpus Christi e as súas alfombras florais na Casa de Galicia en Madrid, na Deputación de Pontevedra, na Deputación de Lugo e Fonte na Deputación de Ourense.

Este ano ademais, o goberno propúxose facer extensivo o sentir do Corpus a tódolos colectivos da vila. Deste xeito o taller ocupacional ASPRODICO confecionaou flores de papel para os comercios da Federación de Comercio, a Concellería de Ensino e a de Cultura acompañados dun representante dos alfombristas presentaron o Corpus nas escolas e os autobuses da empresa Ojea levan vídeos promocionais da vila e do Corpus para emitir nos autocares e cartelería promocional nos cristais traseiros.

0 comentarios

Corpus na Deputación de Lugo

Ponteareas promocionou a festa do Corpus na Deputación de Lugo


O Concello de Ponteareas presentou hoxe na Deputación de Lugo o Corpus Christi confecionando unha alfombra floral na entrada principal.

Sobre a mármore do hall lucía espectacular o rosetón floral que arrecendía a rosa desidratada, árnica, flor de carqueixa, vinagrera, cravel ou hortensia, entre outras flores e materiais naturais empregados.

Abríu e pechou o acto a responsable da área de Promoción Económica e Social, Emprego, Benestar e Igualdade da Deputación, Sonsoles López Izquierdo, valorando o esforzo dos alfombristas, a capacidade de transmisión de xeración en xeración e a propia confeción artesá. López Izquierdo convidou aos presentes a asistir a esta festa de tan longa tradición e brindou todo o seu apoio ao Concello de Ponteareas na súa consecución da declaración BIC.

Pola súa banda o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, que ía acompañado da Concellería de Ensino, Cristina Fernández, salientou a importante labor que se está a facer na difusión e promoción do Corpus e fixo fincapé no factor humano e sensorial do Corpus que segue a medrar ano tras ano.

O Alcalde quixo convidar a un dos alfombristas presentes a describir a técnica e os materiais empregados nesta obra de arte que dende hoxe reloce no hall da Deputación de Lugo.

O concello de Ponteareas presentou o Corpus Christi e as súas alfombras florais na Casa de Galicia en Madrid, na Deputación de Pontevedra e mañá mércores na Deputación de Ourense.

Este ano ademais, o goberno propúxose facer extensivo o sentir do Corpus a tódolos colectivos da vila. Deste xeito o taller ocupacional ASPRODICO confecionaou flores de papel para os comercios da Federación de Comercio, a Concellería de Ensino e a de Cultura acompañados dun representante dos alfombristas presentaron o Corpus nas escolas e os autobuses da empresa Ojea levan vídeos promocionais da vila e do Corpus para emitir nos autocares e cartelería promocional nos cristais traseiros.

0 comentarios

Revista Pregón

O salón de plenos acolle a presentación da revista Pregón

O salón de plenos do concello de Ponteareas acolle mañá mércores día 14 ás 21 horas a presentación da revista Pregón.

Con artigos de Esperanza Mariño, Anxo Porto Ucha, Raquel Vázquez, Clodio González, Xoán Martínez Tamuxe, Francisco Candeira, Gloria Arbones, Kiko Neves, Roberto Mera, Antonio-José Groba, Isabel Blanco, Miguel Grimáldez, Ángel Marzoa, Xabier Prado, Andrés Sampedro, Delio García, Francisco de Barros, Manrique Fernández, da Asociación Cultural e musical Obradoiro Vocal “A Vila”, Ángel Gallardo, Susana Lamela, Ángel Viro, Luciano González e a colaboración do Proxecto Erasmus, a revista Pregón recolle artigos que fan un percorrido polo patrimonio natural, cultural, arquitectónico e patrimonial da vila do Corpus.

Dende as lendas máis misteriosas aos arquivos máis novidosos como fonte de documentación, cada revista Pregón é un afondamento na orixe, na vida e na historia de Ponteareas.

0 comentarios

Corpus Christi e Deputación de Pontevedra

Ponteareas alfombra a Deputación de Pontevedra


A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, convidou aos presentes a asistir á festa do Corpus Christi de Ponteareas

Os alfombrista confecionaron un detalle floral na entrada da Deputación de Pontevedra

O Concello de Ponteareas presentou hoxe na Deputación de Pontevedra o Corpus Christi confecionando unha alfombra floral na entrada principal.

Sobre a mármore do hall lucía espectacular o rosetón floral que arrecendía a rosa desidratada, árnica, flor de carqueixa, vinagrera, cravel ou hortensia, entre outras flores e materiais naturais empregados. 

Abríu e pechou o acto a Presidenta da Deputación, Carmela Silva, cun emotivo discurso no que tivo lembranzas da súa infancia e relatou unha morea de anécdotas e impresións vividas no Corpus de Ponteareas que a acompañaron ao longo da súa vida. A Presidenta convidou a tódolos presentes a asistir ás festas do Corpus Christi destacando a súa beleza natural e recoñecendo a árdua labor dos e das alfombristas.

Pola súa banda o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, salientou a importante labor que se está a facer na difusión e promoción do Corpus e fixo fincapé no factor humano e sensorial dunha festa e dunha arte de longa tradición que segue a medrar ano tras ano.

O Alcalde quixo convidar a un dos alfombristas presentes a describir a técnica e os materiais empregados nesta obra de arte que dende hoxe reloce no hall da Deputación de Pontevedra. 

 

Ao remate, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas asinaron un convenio para a promoción do Corpus por valor de 8.000€ que se veñen sumar ao convenio suscrito con Turismo de Galicia e ABANCA por ser Festa de Interese Turístico Internacional.

 

0 comentarios

Alfombra floral no programa Luar de TVG

Alfombristas de Ponteareas confecionan unha alfombra floral no programa Luar de TVG

Os Alfombristas de Ponteareas desprazaránse hoxe ao plató do programa de Televisión de Galicia, Luar, para confecionar en directo e sobre o propio escenario unha alfombra floral con motivo da celebración das festas do Corpus de Ponteareas que arrancan mañá sábado día 10 coa lectura do pregón a cargo do historiador e investigador, X.M Tamuxe. Será ás 21 horas no auditorio municipal. 

0 comentarios

Feira FESTUR de Silleda

Ponteareas participa na feira FESTUR de Silleda

O Concello de Ponteareas participa na feira FESTUR en Silleda cun stand de turismo no que promocionará as festas do Corpus, o patrimonio natural, a historia e a gastronomía da vila. 

Onte os Alfombristas confecionaron unha alfombra floral para a apertura da feira e o domingo día 11 ás 12 horas haberá unha degustación de rosquillas de Ponteareas. 

0 comentarios