Abanca renova o convenio de apoio á festa do Corpus

A entidade financieira Abanca renova o convenio de apoio á festa do Corpus de Ponteareas

Abanca ofrece financiación para a execución do programa de fondos europeos “Ponteareas, Hábitat Saudable”


 

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e os responsables de Abanca Luis Martin Blanco Conde, director de Zona Condado- Baixo Miño; Héctor Jose Pardillos Torres, director oficina Ponteareas- Bugallal e Óscar Riveiro camino, director da oficina Ponteareas-.Constitución, reuníronse hoxe para estudar novas colaboracións.

No encontro mostraron a súa disposición a renovar o convenio de colaboración polo que Abanca fará unha achega de 10.000 euros como contribución á celebración da festa do Corpus Christi.

Pola súa banda, o Concello de Ponteareas, incluirá en toda a documentación e soportes referidos á Festa do Corpus 2017, o anagrama da entidade bancaria como patrocinadores do evento. Este apoio enmárcanse dentro do acordo con Turismo de Galicia de respaldo ás festas declaradas Ben de Interese Turístico Internacional. 

O apoio de Abanca non é máis que o recoñecemento da importancia da Festa do Corpus Christi de Ponteareas e das súas alfombras florais, das que destacan  que “son as máis importantes de Galicia” ademais de converter a Ponteareas “nun referente internacional na arte de confección de alfombras florais” amais de subliñar, no propio texto do convenio asinado que a súa tradición en materia de confección de alfombras de flores “é unha das máis antigas do mundo”.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, salientaba a importancia do apoio “a unha celebración que segue viva en Ponteareas dende hai máis de 150 anos” e que reflicte, aseguraba o rexedor local, “o traballo solidario e colectivo de todo un pobo na procura dun obxectivo común”.

Fondos Europeos

No decurso da reunión, a entidade financieira amosou o seu interese polos proxectos da estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” ofrecendo a posibilidade de respaldo económico e financieiro, se así o precisase o concello, para afrontar a execución dos mesmos.

O programa conta cun total de 6.250.000€, dos que 5.000.000€ son aportados pola Unión Europea, tendo o concello que aportar o 20%  restante.

Escribir comentario

Comentarios: 0