Presentación en Madrid do Corpus Christi

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación da festa do Corpus Christi de Ponteareas


O Alcalde de Ponteareas e a Concelleira de Cultura e Turismo presentaron hoxe a festa do Corpus Christi.

 

O delegado da Xunta en Madrid, X.R Ónega resaltou a beleza das alfombras de Ponteareas.

 

O concello de Ponteareas presentou a festa do Corpus Christi na Casa de Galicia en Madrid da man do Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista.

Na presentación, o Delegado da Xunta de Galicia e director da Casa de Galicia en Madrid, Xosé Ramón Ónega, resaltou a beleza do arte das alfombras “esta belísima labor floral non é improvisada. É unha inspiración donde a beleza e o sentimento triunfan. Xa o dixo Baudelaire que a inspieración é traballar tódolos días”.

 

Ónega quixo destacar o arte que se agocha detrás de cada tramo alfombrado “ estas creacións florais son arte, e o arte é, sobre todo un estado do alma, como exprosou Marc Chagall. “Si o arte é unha rebelión contra o destino, que dixo Malraux, esta demostración de arte, inxenio e traballo, son o espírito dun pobo que sabe crear beleza. En Ponteareas únense para crear estas marabillas”.

 

Pola súa parte, a concelleira de Cultura explicou aos asistentes o traballo que durante todo o ano realizan os alfombristas, dende a elaboración do deseño á recollida de verde e flores, as técnicas de conservación e almacenaxe que se empregan é o esforzo que supón cada tramo alfombrado.

 

Como novidade, a concelleira Hortensia Bautista presentou a páxina web oficial do Corpus Christi, www.corpuschristiponteareas.com donde se recollerá a historia da festa, os carteis, os medallistas, todos os tramos de alfombras, noticias…

 

Pechou a rolda de intervencións, o Alcalde de Ponteareas, que introduxo a visita dos alfombristas da vila de Gerano en Roma, Italia, a colaboración con Monçao e A Orotova e a participación en distintos proxectos internacionais.

 

“Non hai imaxe nin vídeo que poida describir o significado das alfombras para Ponteareas e para os visitantes. O Corpus é un sentir co que nacen os pontearéans e que saben transmitir aos visitantes que marchan co arrecendo das flores e a beleza dos deseños grabadas no recordo”, engadíu o Alcalde.

Durante o acto houbo tempo para un emotivo momento no que o pregoeiro da anterior edición, o xornalista Roi Groba, foi convidado polo Delegado da Xunta a intervir. Groba tivo fermosas palabras de agradecemento para os ponteareáns, para os alfombristas e para todos os presentes.

 

Para rematar, todos os asistentes puideron degustar os viños Vila do Corpus acompañados de rosquillas de Ponteareas.

Escribir comentario

Comentarios: 0